sábado, 18 de junio de 2016

As nosas correccións das preguntas dos compañeiros de B

En vermello podedes atopar as preguntas correxidas por nós.

En xeral as preguntas estaban moi ben, mais os documentos xeográficos eran escasos ou erróneos, as veces. 

1. Que países dos seguintes non pertence ao bloque comercial MERCOSUR?

a) Venezuela
b) Brasil
c) Arxentina
d) Chile
Chile non pertence ao grupo MERCOSUR, senón que forma parte da APEC (Asia Pacific Economic Corporation) xunto a países como Canadá, Rusia…


2. Tendo en conta que o PIB é a relación entre o valor monetario da produción de bens e servizos, e o número de habitantes dun país, cal destes países de Sudamérica ten o PIB per cápita máis elevado?

a) Arxentina
b) Chile
c) Uruguai
d) Venezuela
e) Brasil
Uruguai é o país con máis PIB per cápita, seguido de Venezuela.


3. Cal é a principal materia prima que se obtén en Venezuela?

a) Trigo
b) Petróleo
c) Ouro
d) Cacao

4.Tendo en conta que o IDH é o indicador que estuda a relación entre a esperanza de vida, os anos de escolaridade e o PIB per cápita, cal dos seguintes países sudamericanos ocupa o posto máis alto no ránking de IDH?

a) Arxentina
b) Venezuela
c) Chile
d) Uruguai
e) Brasil

Arxentina ocupa o posto 40 no ránking mundial de IDH, por díante do resto dos países de Sudamérica.


5. Cal é o único dos seguintes países cuxa actividade económica predominante non é o sector terciario?

a) Venezuela
b) Arxentina
c) Brasil
d) Chile
En Arxentina o sector con máis porcentaxe de traballadores é o sector secundario. 


Sería recomendable poñer unha imaxe mais clara en relación co tema a tratar.

No hay comentarios:

Publicar un comentario