miércoles, 25 de noviembre de 2015

Sesión 6

Nesta clase estiven adelantando traballo atrasado do blog e falamos no grupo sobre a distribución do traballo chegando a un acordo entre todos os integrantes do grupo.

Tamén chegounos unha mensaxe da nosa empresa xa que lle pidéramos unhas cantas fotos sobre algúns dos proxectos que fixeron polo que pronto teremos unha reportaxe fotográfica dos seus traballos medioambientáis.

miércoles, 18 de noviembre de 2015

Sesión 5

Hoxe fixemos algunha que outra reforma nos blogs e xa non traballamos nada máis sobre as empresas debido a que a semana pasada finalmente a empresa ingebaires S.L. concedeunos a
entrevista polo que xa temos todos os materiais necesarios para continuar coas entradas do blog.

lunes, 16 de noviembre de 2015

Preguntas da entrevista

1. En que eido (local, rexional, nacional ou internacional) se desenvolve?
2. Actualmente, con cantos empregados conta Ingebaires SL?
3. De onde proceden os traballadores/as? Son europeos ou estranxeiros?
4. Informámonos de que se trata dunha sociedade limitada, ten un ou varios propietari@s?
5. É unha empresa pública ou privada? De que xeito inflúe este aspecto no seu rendemento?
6. A que subsector industrial pertece? Podería dar un par de exemplos?
7. Despois de visitar a vosa páxina web, descubrimos que contades cunha representación en Arxentina...como colaboran con esta?
8. Onde desenvolven os seus proxectos? Un exemplo e se pode ser, a data de realización deste.
9. Empregan vostedes fontes de enerxía renovables ou non? Se a resposta é afirmativa, cales e como se introducen no proceso industrial que levan a cabo?
10. De onde procede a materia prima que utilizan? Cooperan con algunha distribuidora?
11.En canto ós/ás especialistas que forman parte da sociedade, é necesario ter cualificación específica? 
12. Cotribúen á estabilidade destes? Hoxe en día, proporcionan contratos fixos ou temporais principalmente?
13. Teñen algunha medida preventiva de seguridade? Cal?
14. Está suxeita a un enlace sindical? Pode citar o nome?
15. Existe algún motivo polo que se sitúe no centro da cidade (Rúa Sergio Saborido)?
16. Recibiron durante estes anos algún tipo de subvención do goberno? Está suxeita a leis ambientais? Cales?
17. Practican deslocalización nalgún dos seus procesos económicos? Se é así, como afecta este factor no rendemento da empresa?
18. Que tipo de recurso natural empregan para levar a cabo as súas obras?
19. Contan con maquinaria especializada?
20. Diríxense a un mercado concreto (local, rexional, nacional ou internacional) e cal é o tipo de empresa que contrata os seus servizos?
21. Publicitan o negocio?
22. Pertencen a algún sector empresarial?
23. Inclúen as novas tecnoloxías nos procedementos industriais?
24. Contan con instalacións específicas?
25. Cales son as características máis subliñables propias dunha economía sustentable que practican?

Investigando a empresa

1) Nome e tipo de empresa(ámbito nacional ou multinacional, tamaño, nº de traballadores, propiedade, procedencia do capital e outros criterios)

Ingebaires SL. É de ámbito nacional principalmente aínda que ten unha representación activa en Arxentina, únicamente conta con nove-dez empregados e polo tanto podemos clasificalo no grupo de empresas pequenas. É unha sociedade limitada pois ten varios propietari@s e en segundo o capital, considérase pública pois recibe aportacións financieiras dende o estado, como é o caso das subvencións e traballa para as Administracións públicas.

2) Sector económico e subsector ao que pertence.

Pertence ao sector secundario e especialízase na consultaría e servizos de enxeñaría civil, integrada en proxectos de medio ambiente e mobilidade.

3)Situación actual e desenvolvemento deste sector no mundo e en España.

A partir da Revolución Industrial, século XVIII, o sector secundario cobrou moita importancia e hoxe xoga un papel moi importante na economía da nosa sociedade xa que o equilibrio entre sectores e a produción dependen moito da construción e da enxeñaría por exemplo . España é un país desenvolvido e industrializado aínda que na actualidade, produciuse unha terciarzación da economía e o sector servizos convertiuse en predominante.
En xeral, a enxeñaría civil foi relegada a un segundo posto se a comparamos con outros apartados como a metalúrxica ou a textil.

miércoles, 11 de noviembre de 2015

Sesión 4

Nesta sesión seguimos investigando sobre a empresa Ingebaires S.l. Neste caso encontramos unha páxina web na que aprendimos algunhas cousas máis como a posición nacional e provincial desta así como a súa situación económica, estructura legal, risco comercial e  a súa información comercial entre outras.
Compartimos o traballo entre todos os compoñentes do grupo ainda que non nos deu tempo a termiñar.

martes, 10 de noviembre de 2015

Solicitude

Estimado persoal da empresa Ingebaires SL:

Somos un grupo de catro alumnos e alumnas que estudamos do centro educativo Salesianos María Auxiliadora  (Vigo).  Actualmente ,  cursamos terceiro da ESO e estamos realizando un proxecto para as materias de Lingua Galega e Xeografía.
En canto á investigación, o obxectivo proposto foi levar a cabo unha reportaxe ou similar sobre algunha empresa viguesa que traballase con recursos sustentables para procurar unha economía consciente e afondar, así, no sector secundario e nas súas características. Ao longo deste mes estivemos elaborando un blog persoal no que publicamos diferentes  entradas dedicadas a este tema.
Por outra parte, escollemos esta asociación xa que visitamos a vosa páxina web e informámonos de que empregan técnicas respectuosas co medio e xeran unha economía local ou rexional. Ademais, descubrimos que se centran na industria enxeñeira e supuxo motivo de curiosidade dende a nosa perspectiva.
Deste xeito solicitámoslle unha entrevista para ampliar o noso proxecto, se así o permiten.

Para concluír, proporcionámoslle a información de contacto que consideramos oportuna:
Despedímonos agradecéndolle de antemán o seu tempo e invitámoslle a responder o máis axiña posible.
                                                                                               
Un cordial saúdo de:
Kenda D.L
Adolfo F.S
Guillermo G.L
Laura P.R

miércoles, 4 de noviembre de 2015

Sesión 3

Nesta sesión completei información sobre as empresas que seleccionara e comecei a preparar o contacto coa empresa.

martes, 3 de noviembre de 2015

Empresas en Vigo


NOME DA EMPRESA
SECTOR ECONÓMICO 
CARACTERÍSTICAS SUSTENTABLES
LOCALIZACIÓN E
DATOS DE CONTACTO
ENLACE PÁXINA WEB

Amavisolar
Sector secundario É unha empresa de enerxía solar renovable cun desarrollo sostible. C/Coruña Nº 18 5º
CP.36211 Vigo (Pontevedra)
Tfn/Fax.986293810
Móvil.639759984
amavisolar@amavisolar.com
www.amavisolar.com


ABC de BIO
Sector terciario
É un mercado ecolóxico con moita competencia.

 (+34) 986 117 303
 info@abcdebio.es 
c\ Padre don Rúa 2,bajo. 36203 - Vigo (Pontevedra) - España
http://www.abcdebio.es

Automotive
  S.L.
  Sector
secundario
 Posúe un consumo consciente, a produción é de ciclo pechado e economías locais vivas, é dicir, que son as persoas da nosa localidade as que traballa para eles.
PTL Calle C. Parcelas 13,14,17.01
Telefono:986268800
Email:vigo.vigo@benteler.es
www.Benteler.es